Sáb 31 Dec 2011
Crema torrada
Posted by crisanto under Cociña galega, Sobremesas
No Comments
Crema torrada
Ingredientes:
- 1 litro de leite enteiro
- 10 culleres de azucre
- 3 xemas de ovo
- 2 culleres de fariña de millo (Maizena)
- 1 pau de canela
Descrición:
- Torramos 6 culleres azucre ata facer caramelo sen queimalo.
- Batémo-las xemas de ovo e mesturámolas coa fariña de millo e 200 ml de leite.
- Pomos a ferver o resto do leito co azucre sobrante e o pau de canela. Cando comece a ferver engadímolo a cazola do caramelo e remexemos ata que se desfaga. Afastamos a canela
- Cando xa estea desfeito pómolo a ferver de novo e engadímoslle o batido de xemas e leite remexendo de seguido para que non se fagan grumos e calle o leite. Se cómpre metémoslle o batedor eléctrico para que a mestura quede homoxénea. Cando ferva de novo deixamos un par de minutos, sen deixar de remexer.
- Afastamos do lume e botámolo na bandexa de presentación ou en moldes individuais.
Nota:
- Como veredes nesta receita facemos unhas natas de ovo un chisco máis espesas pero con caramelo en troques de azucre branco
Tempo: 30 minutos
Comensais: 4-6 persoas




